Queremos que sepas que a victoria e nosa.
Despois de moitos
meses de loita contra tódalas persoas e institucións que querían destruír o
noso rio (O noso alcalde: Carlos Lopez Crespo, Augas de Galicia, incluso tivemos
que facer frente a xente directamente afectada, que non sei debido a que
enfermidade apoiaban o proxecto e dedicábanse a descalificar o noso labor,
quero por isto saudalos dende o lado da razón e da sensatez invitando a todos
eles a sumarse a este).
Prosigo: O
aproveitamento hidráulico do rio Tines, mais coñecido como Tines I (A desfeita),
foi denegado despois de nuerosos informes de diversas institucións.
A
Plataforma pola defensa do rio Tines quere agora dar as gracias a todas as
persoas que nos brindaron o seu apoio en todo este tempo, o pobo de San
Lourenzo, a todos os veciños de Outes, a ADEGA,a Secundino Lorenzo, a recén fundada
Coordinadora Galega na defensa dos ríos, a Xosé Castro por todos os bos consellos e inestimable
axuda e en fin a moita outra xente que seguro me deixo no tinteiro, pero en
especial a ti por interesáreste por todos estes problemas e por compartir con
nos todas as túas opinións o respecto.
Pero aquí non acaba todo agora un novo problema e moito mais grande ameázanos
directamente a nos e ó noso rio.