Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!

SABINO ARANA GOIRI (1865-1903)

Este patriota basco foi o responsábel do reaxir do sangue euskaldun. Viveu nunha época en que os españois ainda utilizaban escravos nas plantacións de Cuba, pero eses españois non teñen vergoña en chamar-lle racista a un home do seu tempo que o que procuraba era a liberdade para un povo que empezaba a caer na decrepitude mesetária.

O camarada Sabino pasaria-o moi ben tomando unha copiña de licor-cafe no Tarasca ás 3 da maña, cando as verbas agroman xenerosas nas bocas dos celtas da Fisterra.

*PERIÓDICO BIZKAITARRA (1893-1895), nº 29

A fisonomia do bizkaino é intelixente e nobre; a do español inexpresiva e adusta. O bizkaino é de andar elegante e varonil; o español, ou non sabe andar (exemplo, os quintos), ou se é elegante, é tipo femenil (exemplo, o toureiro). O bizkaino é nervudo e áxil; o español é frouxo e torpe. O bizkaino é intelixente e hábil para toda clase de traballos; o español é corto de intelixéncia e carece de xeito os traballos máis sinxelos (...) O bizkaino é laborioso (vede sachadas as suas montañas ate o cúmio); o español nada emprende, a nada se atreve, para nada vale (examionade o estado das suas colónias). O bizkaino non vale para servir, naceu para ser señor; o español non naceu máis que para ser vasalo e servo (...) O bizkaino dexenera en carácter se se roza cun estrano; o español precisa de cando en cando unha invasión extranxeira que o civilice. O bizkaino é caritativo ainda para os seus inimigos (...); o español é avaro ainda para os seus irmans (...) O bizkaino é digno, a veces con exceso, e se cae na indixéncia, capaz de deixar-se morrer de fame antes que pedir esmola (...); o español é baixo a máis non poder, e ainda que se atope san, prefire viver a conta do próximo antes que traballar (...) O aseo do bizkaino é proverbial (...); o español apenas se lava unha vez na sua vida e muda-se unha vez ao ano (...) Oíde falar a un bizkaino, e escoitaredes a máis eufónica, moral e culta das línguas; oíde a un español, e se só lle oídes asnear, podedes estar satisfeitos, pois o asno non profire voces indecentes nen blasfémias. O bizkaino é amante da sua família e fogar (...); entre os españois, o adultério é frecuente (...) Por último, segundo a estatística, o noventa e cinco por cento dos crimes que se perpetran en Bizkaia deben-se a man española, e de catro dos cinco restantes son autores bizkainos españolizados.

*PERIÓDICO BIZKAITARRA (1893-1895), nº 19

En povos tan dexenerados como o maketo e maketizado, resulta o universal sufráxio un verdadeiro crime, un suicídio.

*PERIÓDICO BIZKAITARRA (1893-1895), nº 24

Que é, pois, o que a respeito da pureza de raza se contén no programa nacionalista? Pode reducir-se nos pontos seguintes: 1º os extranxeiros poderian estabelecer-se en Bizkaia baixo a tutela dos seus respeitivos cónsules; pero non poderian naturalizar-se na mesma. A respeito dos españois, as Xuntas Xerais acordarian se haberian de ser expulsados, non autorizándo-lles nos primeiros anos da independéncia a entrada no território bizkaino, a fin de borrar máis doadamente toda pegada que no carácter, nos costumes e no idioma tivera deixado a sua dominación; 2º a cidadania bizkaina pertenecera por direito natural e tradicional às famílias orixinárias de Bizkaia, e en xeral as de raza euskeriana, por defeito da confederaión; y, por cesión de poder (Xuntas Xerais) constituído por aquelas e éstas, e coas restriccións xurídicas e territoriais que sinalara, ás famílias mestizas ou euskeriano-maketas.

*PERIÓDICO BIZKAITARRA (1893-1895), nº 16

Se nos desen a elixir entre unha Bizkaia povoada de maketos que só falasen Euskera e unha Bizkaia povoada de bizkainos que só falasen o castelán, escolleriamos sen dubidar ésta segunda, porque é preferíbel a sustáncia bizkaina con accidentes exóticos que poden substituírse polos naturais, a unha sustáncia exótica con propriedades bizkainas que nunca a poderan cambiar.

*SEMANARIO BASERRITARRA (1897), nº 8

Gran dano fan á Pátria cen maketos que non saben euzkera. Maior é o que fai un só maketo que o saiba.

Para o corazón da Pátria, cada basco que non sabe euzkera é unha espiña; duas espiñas cada basco que o sabe e non é patriota; tres espiñas cada español que fala o euzkera.

 

Voltar á páxina principal