freija@uvigo.es |
As fotografías desta páxina das que non se cita a procedencia, foron feitas por
Julia Miranda
¿Viches algunha vez esta fotografía?:
O que nos queremos amosarte aquí son tamén unhas cantas fotos curiosas... pero galegas.
En primeiro lugar, olla esta foto que tés a túa dereita.
¿De onde crés que saíu? ¿Crés que, efectivamente, é de Castelao, como di o seu título?
-"Fixen a carreira de mediciña por amor ao meu pai, pero non a exerzo por amor á humanidade,"dicía o rianxeiro.
Ásí as cousas, olla agora a seguinte.
Como non se aprecia moi ben, se o teu navigador soporta imaxes en formato JPEG podes petar nela co cursor e así a verás nun formato moito máis grande. ¿Podes contar cantos non levan bigote, leven barba ou non? Logo, para voltares aquí petas na mesma fotografía que alí vexas.
Á razón que tiven para sacar esta orla á rede foi poņer a disposición de todos unha banda curiosa da personalidade dun dos galegos máis interesantes que teņe dado a nosa historia. Paga a pena salientar que, a pesares da fama que teņe a frase de Castelao antedita, non moita xente lembre hoxe en día a exemplar actuación que tivo como médico no seu pobo natal, Rianxo, durante a famosa epidemia de gripe de 1918. Ádemais, na Enciclopedia Gallega pódese ver, na voz Mediciņa, a fotografía doutro exemplar da mesma orla, pero que non está en tan bo estado coma éste que aquí vedes.
De feito, en tan bo estado se atopa que aquí mesmo vola ofrezo co seu marco orixinal:
Como vedes, trátase dun marco de madeira, gravado a man nun estilo clásicamente modernista, cunha das máis salientables características deste movemento artístico, como é a asimetría.
Dado que esta orla é unha das probablemente moi poucas que queden desta promoción en tan bo estado, o seu actual propietario, un meu amigo moi próximo, decidiu permanecer no anonimato.
Nen embargantes, aquí vos ofrezo de preto a fotografía nesa mesma orla do seu orixinal propietario, un antergo deste meu amigo.
Por se volvedes ao documento onde está a JPEG en non sodes quen de atopar a Castelao ou a Goday, aquí tendes unha ampliación detallada da mesma zona da orla:
Lémbrovos que, para vela aínda de máis preto, podedes petar nesta fotografía co cursor, e logo voltar aquí do mesmo xeito que o fixéchedes na da orla completa.
¡Que! ¿Xa os atopachedes aos dous? ¿Non pensades que é significativa a posición de Castelao mesmo no centro de todos?
Pois agora, vouvos amosar algo aínda máis abraiante.
Este meu amigo de quen vos falei teņe unha familia cunha longa tradición universitaria, e se non o credes ollade agora para o ano en que foi feita a orla seguinte:
Se a queredes ver mellor, podedes petar nela e logo voltar o mesmo que anteriormente coa orla de Castelao.
Tendo en conta o dato de Niepce que vos din ao comenzo desta folla, (peta en comenzo para volver a velo, e logo na foto de Niepce para voltar aquí), e que os negativos tal e como hoxe os coņecemos non existiron ata a década dos 1870, atrévome a afirmar que esta quizáis sexa unha das orlas fotográficas máis antiguas que quedan no mundo.
¿Coņeces a alguén nela? Se así é, podesme deixar a resposta no correo electrónico.
Eu somentes coņezo a este. ¿Eres quen de atopalo na orla?