|
¡Benvidos e benvidas á páxina do noso dicionario castelán
- galego! Nós somos Nuria e Noemy, e formamos parte
dunha xuntanza de rapaces e rapazas do Colexio Cemar,
de Mondariz - Balnerario (Pontevedra). Dunha tempada para acá, levámonos
decatando de que a lingua xurdida na nosa rexión natal, a Galicia, está a ser
contaminada por unha gran cantidade de castelanismos. E é que as xentes que a
falan, ao seren na súa meirande parte bilingües, cando non saben unha palabra
non se amolan en ollala nun dicionario, senón que a din mesmo como lles peta
en castelán, certos de que os oíntes, bilingües tamén, lles van a entender. Endalí, na que a nosa lingua non é mesmamente maioritaria e
temos que acanicoubala das choivas doutras máis faladas, viñémonos decatar de
que había que pór nas mans de todos un arma que lles permitise atopar
correndiño e dun xeito barato, calquera verba difícil que se lles puidese
apresentar. A tal arma é a Rede; e, nesta, xurdiu a idea deste dicionario de
galego "on - line". Desexamos presta-lo noso agradecemento ao profesor de inglés, don José Benito Freijanes, polo apoio emprestado, as súas leccións de Internet e a percura victoriosa dun lugar onde aloxar estas páxinas na rede de redes. E tamén ao noso hospedador, Angelfire, por existir; na que, grazas a entidades coma ela (e tamén grazas á publicidade, que ás veces tanto doestamos), se poden facer á humanidade bens coma este sen terlle que pagar cartos a ninguén. |
ÍNDICE
|
|||||||
|
|||||||||